Redacción do Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima do Concello de Cambre

O  Concello de Cambre adheriuse, o 28 de febreiro de 2019, ao Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía –agora denominado como Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía– en calidade de asinante.

Para alcanzar os obxectivos de dito pacto, o Concello de Cambre xa iniciou os traballos de redacción do “Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)”, no que se definirán as liñas estratéxicas a nivel municipal para afrontar as consecuencias derivadas do cambio climático.