Servizos do Consorcio As Mariñas

De xeito xenérico, o Consorcio As Mariñas ofrece, entre outros, os seguintes servizos: 

  • Prerrecollida: contenerización, mantemento, lavado interior e exterior e desinfección periódica.
  • Recollida selectiva: recollida na orixe e transporte ao complexo medioambiental de Nostián.
  • Explotación de parques de reciclaxe ou puntos limpos e tratamento final dos residuos.

O Consorcio As Mariñas ofrece unha recollida semanal de mobles e voluminosos. Para solicitalo, os veciños e veciñas deberán chamar ao teléfono 981 795 524. A través dese teléfono, informaranlles dos días e horas nos que este servizo se presta no concello. Se precisades máis información ao respecto, podedes chamar ao teléfono 981 784 704 ou enviar un correo a info@consorcioam.org.