O medio rural constitúe un patrimonio de valor incalculable para todos, tanto polo seu valor ambiental, como paisaxístico ou económico; non obstante, este importante patrimonio está sendo ameazado pola propagación dos incendios forestales.

Ante ista situación faise indispensable que tanto as administracións como os particulares propietarios de fincas e montes adopten as medidas preventivas necesarias para preservar estos bens. É unha responsabilidade de todos.

Por isto, e antes da chegada do período de máximo risco, recórdase aos veciños de Cambre cales son as súas principais obrigas en materia de prevención de incendios.

A Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestáis de Galicia contempla as seguintes obrigas para os particulares, que deben ser cumplidas dentro do prazo previsto na lei, isto é antes do fin do mes de maio de cada ano:

  • xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, campings, gasolineiras e parques e instalacións industriais, ubicadas a menos de 400 metros do monte e tamén ao redor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.
  • Ademáis nesa mesma franxa de 50 metros non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei (piñeiros, eucaliptos, acacias…).

Para o caso de que as ditas obrigas no sean atendidas dentro do prazo, a Lei prevé sancións ata os 100.000 euros e que poden cegar incluso ata 1.000.000 de euros para os supostos de extrema gravedade. Todo isto sen prexuizo da posible responsabilidade civil ou penal dos incumplidores en caso de danos.

Tlfs. atención municipal: 698-14-55-17 / 981-61-31-28

Se ves lume chama ao 085

 

En Cambre, a 15 de marzo de 2018
O alcalde
Óscar García Patiño