O Concello de Cambre, dende a Concellería de Deportes, e en colaboración coa Concellería de Igualdade, ten o obxectivo primordial de saber o grao de participación no deporte das mulleres e os homes, pero atendendo fundamentalmente ao papel das mulleres en relación coa actividade deportiva, para así poder mellorar, promover e fomentar a presencia feminina nas actividades deportivas.
A enquisa está realizada conforme ao II Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Cambre 2018 – 2019 ( II PIOM) para así poder analizar a participación no deporte municipal desde unha perspectiva de xénero e impulsar accións positivas de participación das mulleres, adoptando medidas específicas dirixidas a combater as discriminacións por razón de sexo.
A enquisa poderá cubrirse  desde o día 3 ata o día 22 de abril.