A partir do venres 17 de maio poderase ver na Horta do Cura – Parque da Igrexa de Cambre, a exposición “S.O.S. Humedáis – Cambre”.

Esta mostra parte dunha iniciativa da asociación VVC (Veciños afectados por Infraestruturas en Cambre) co apoio da Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade do Concello de Cambre.

Con esta exposición queren concienciar á cidadanía sobre o intenso impacto que produciría na Natureza a posta en marcha dunha infraestrutura de grande envergadura como é a Vía Ártabra, que afectaría ao humidal da Gándara, emprazado na parroquia de Pravio, vinculado aos lugares de Armental, O Covelo e A Gándara. Estas áreas caracterízanse pola presenza de especies animais e vexetais de alto valor para o mantemento do equilibrio natural na zona.