Desenvolverase o vindeiro 22 de xullo de 2018 cun percorrido dende a Ponte Medieval ata a Telva (ida e volta) e a intención de cumprir os seguintes obxectivos:

  • Fomentar o ocio saudable
  • Aproximar unha actividade deportiva tradicional aos nosos veciños
  • Dar a coñecer e poñer en valor novos espacios naturais do concello para a súa utilización

 

As características da actividade serán as seguintes:

  • Número de prazas: 70
  • Prezo: gratuíto
  • Período inscrición: ata o día 19 de xullo
  • Sorteo (en caso de ser necesario): día 20 de xullo
  • Comunicación: 20 de xullo
  • Datos necesarios para a inscrición: nome, apelidos, DNI, correo electrónico, data nacemento, autorización en caso de menor
  • Percorrido: 2,5 km
  • Zona saída/chegada: zona polígono industrial “Os Muíños” (https://goo.gl/maps/UuJwQfxA3qD2)
  • Os menores de 9 anos deberán ir acompañados de nai/pai/titor/a
  • Imprescindible saber nadar para participar na actividade
  • O material será proporcionado pola organización e só é preciso levar roupa axeitada para a actividade (bañador, camiseta, …).

 


Listaxe de admitidos:

Horario de presentación: 11.30h Saída: prevista para as 12.00h

Lugar de encontro e saída: no paseo á altura do polígono dos Muíños (https://goo.gl/maps/UuJwQfxA3qD2)