Programa de conciliación da vida laboral, familiar e persoal no período de vacacións escolares de Semana Santa 2019 no que se farán actividades lúdico – deportivas e culturais dirixidas ao alumnado do segundo ciclo de E.Infantil (3-6 anos), toda E. Primaria e 1º da ESO.

Datas e horario: Os días 15, 16, 17 e 22 de abril de 2019 de 7:30 a 16:30 horas.

Lugar de realización: Realizarase no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre.

Período de inscrición: do 25 ao 29 de marzo de 2019, ambos inclusive.