Programa de conciliación da vida laboral, familiar e persoal no período de vacacións escolares do Entroido no que se farán actividades lúdico – deportivas e culturais dirixidas ao alumnado do segundo ciclo de E.Infantil (3-6 anos), toda E. Primaria e 1º da ESO.

Datas e horario: Realizarase os días 4 e 6 de marzo de 2019 de 7:30 a 16:30 horas.

Lugar de realización: Realizarase no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre.

Prazas: O número total de prazas que se van a ofertar é de mínimo 20 e máximo 70, para as actividades en si. Para o servizo do almorzo e transporte o número mínimo é de 10 e para o da comida 25.

Período de inscrición: do 11 ao 15 de febreiro de 2019, ambos inclusive.