– Inscricións: Do 4 de xuño ao 15 de xuño.

Entregar a solicitude de inscrición (segundo modelo normalizado) en calquera dos rexistros municipais de Cambre. A solicitude de inscrición poderá recollerse nos rexistros municipais, nas oficinas municipais de Deportes e Cultura ou ben descargala nesta ligazón.

– Selección dos participantes: Terán prioridade en primeiro lugar as persoas empadroadas en Cambre, en segundo lugar os que traballen no municipio de Cambre e por último os doutros municipios.

No caso de haber máis solicitudes que prazas nalgunha actividade, farase sorteo o 19 de xuño ás 12 horas nas oficinas municipais situadas na Barcala, Río Barcés, nº 6. Para comprobar se o solicitante está admitido, e cando vai comezar a actividade, deberase chamar ao Concello de Cambre no tf: 981 613 186 (Deportes) e 981 613 193 (Cultura) ou consultar os listados na páxina web municipal, a partir do 21 de xuño.


Documentos: