A Xunta de Galicia publicou, no Diario Oficial de Galicia, unha resolución na que se especifica, entre outras cuestións, o prazo de presentación de solicitudes de admisión do alumnado nos centros docentes públicos.

O período estará aberto desde o luns, 11 de maio, e rematará o 18 do mesmo mes.