As actividades comezan o 4 de febreiro e rematan o 25 de maio de 2019, tendo unha duración de 15 semanas, suspendéndose as actividades durante a Semana Santa.

Para inscribirse deben de presentar a solicitude do 18 ao 30 de xaneiro na Casa do Concello, nas oficinas municipais do Temple e A Barcala ou no rexistro telemático cambre.gal.

No caso de ser necesario realizarase un sorteo público o 1 de febreiro ás 11:00 h na Concellaría de Cultura publicando as listas na web municipal.

En calquera caso as actividades municipais se rexerán pola Ordenanza reguladora da inscrición dos participantes nos programas de actividades do Concello de Cambre, publicada no B.O.P. núm. 81, de 30 de abril de 2014.