Resultado do sorteo Actividades culturais outubro-decembro 2018.

Nas actividades nas que non se acadou o número mínimo de participantes, así como nas que todavía quedan prazas vacantes, a inscrición queda aberta ata a data de inicio prevista. De acadarse ese número mínimo se avisaría aos inscritos do comezo da actividade.

Máis información: 981 613 193 – Área de Cultura, Deportes e Mobilidade.


 

As actividades comezan o 15 de outubro e rematan o 15 de decembro de 2018, tendo unha duración de 9 semanas, os días festivos recuperaranse ao final do periodo.

Inscríbete cumprimentando o formulario do reverso e entregándoo do 27 de setembro ao 8 de outubro na Casa do Concello, nas oficinas municipais do Temple e A Barcala ou no rexistro telemático cambre.gal.

No caso de ser necesario realizarase un sorteo público o 10  de outubro ás 11:00 h na Concellaría de Cultura publicando as listas na web municipal ás 14:00 h.

En calquera caso as actividades municipais se rexerán pola Ordenanza reguladora da inscrición dos participantes nos programas de actividades do Concello de Cambre, publicada no B.O.P. núm. 81, de 30 de abril de 2014.