Como parte da súa oferta de actividades culturais 2019/2020, o Concello de Cambre organiza as seguintes actividades gratuítas no local da Terceira Idade da Barcala:

  • Reforzo da memoria: martes de 18.30 a 20.00 horas.
  • Manualidades: venres de 16.30 a 18.30 horas.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 3 de outubro. A solicitude deberá realizarse presentando a ficha de inscrición nalgunha das oficinas municipais de rexistro (Casa do Concello, oficinas municipais do Temple e A Barcala) ou no rexistro telemático cambre.gal.

En caso de ser necesario, realizarase un sorteo público o 4 de outubro ás 13.00 horas nas oificinas de Cultura (urbanización A Barcala). Os listados de admitidos e de agarda publicaranse na páxina web municipal.