O Concello de Cambre abre hoxe, luns 16 de setembro, o prazo de solicitude para as actividades culturais 2019/2020. As persoas interesadas poderán facer a súa solicitude ata o próximo 25 de setembro.
As actividades comezan o 1 de outubro de 2019 e rematan o 31 de maio de 2020, exceptuando os grupos de Informática no rural que teñen unha duración particular.
A solicitude debe realizarse presentando a ficha de inscrición nalgunhas das oficinas municipais de Rexistro (Casa do Concello, oficinas municipais do Temple e da Barcala) ou no rexistro telemático cambre.gal.
No caso de ser necesario, realizarase un sorteo público o 27 de setembro ás 11.00 horas nas oficinas de Cultura (Urbanización da Barcala). As listaxes de admitidos e de agarda serán publicadas na web municipal.

RESULTADO DO SORTEO ACTIVIDADES CULTURAIS OUTUBRO 2019 – MAIO 2020

Nas actividades nas que non se acadou o número mínimo de participantes, así como nas que todavía quedan prazas vacantes, a inscrición queda aberta ata a data de inicio prevista. De acadarse ese número mínimo se avisaría aos inscritos do comezo da actividade.

Máis información: 981 613 193 – Área de Cultura, Deportes e Xuventude