Augaservi acaba de informar de que mañá, martes 10 de marzo -entre as 9.00 e as 12.00 horas-, haberá un corte de subministro da auga na contorna do Espíritu Santo. Este corte producirase por unhas actuacións para mellorar a rede de abastecemento, e podería ocasionar episodios de turbidez da auga. Lamentamos as molestias.