Liña 3. Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo.

BENEFICIARIOS.- Poderán ser beneficiarias desta liña as medianas, pequenas empresas e microempresas, así como as persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras ao seu cargo, que teñan o seu domicilio social e polo menos un centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

CARACTERISTICAS.-Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo. Ningunha empresa  poderá percibir unha contía cuxo importe supere o 50% do custo subvencionable realizado nela, e o límite máximo nunca poderá exceder dun total de 15.000 euros.

ACCIONS SUBVENCIONABLES.-  3 tipos de accións:

1)    Investimentos na mellora da adaptación de máquinas, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo:

Mellora na adaptación de máquinas ou equipamentos de traballo que, cumprindo coas disposicións previstas no Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballa-dores dos equipamentos de traballo, sexan susceptibles dunha mellora desde o punto de vista da súa maior seguridade.

Mellora na adaptación ou adquisición de máquinas ou equipamentos de traballo, realizada con criterios ergonómicos, co obxecto de previr trastornos musculoesqueléticos.

Non son obxecto de subvención o mobiliario nin os accesorios de oficina.

Mellora na adaptación, substitución ou adquisición de máquinas ou equipamentos de traballo ou outras medidas de protección colectiva co obxecto de reducir o risco de ex-posición a axentes químicos, ao ruído, ás vibracións mecánicas e aos axentes biolóxicos durante o traballo. Non serán subvencionables as modificacións organizativas dos métodos de traballo.

2) Mellora na adaptación de postos de traballo: A mellora na adaptación de postos de traballo con obxecto de reducir riscos para a maternidade, realizadas con criterios preventivos para a protección do embarazo e da lactación natural, segundo o artigo 26 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, así como para a redución de riscos noutros colectivos sensibles claramente identificados na memoria que se presente.

3) Investimentos nos lugares de traballo:  Intervencións nos lugares de traballo destinadas a ofrecer seguridade fronte aos riscos presentes neles, de conformidade cos números 2 a 8 e 13 do anexo I do Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo. Non serán subvencionables os supostos de: seguridade estrutural, escaleiras de man, vías e saídas de evacuación, condicións de protección contra incendios e instalación eléctrica, orde, limpeza e mantemento, condicións ambientais, iluminación nin servizos hixiéni-cos e locais de descanso.

PRAZO.- Remata o 3 de agosto 2018 (Orde 15/06/2018 DOG 03/07/2018

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada)

Para máis información: http://oficinadoautonomo.gal/