Ante o aumento de casos de infección polo virus SARS-CoV-2 (COVID-19) rexistrado nas últimas datas no concello e co fin de frear o aumento no número de casos positivos, é imprescindible seguir as recomendacións sanitarias para previr a transmisión do coronavirus:

Recomendacións sanitarias:

  • Usar máscara seguindo as recomendacións sanitarias é obrigatorio en tódalas circunstancias.
  • Nos locais de restauración ou nas terrazas destes, o uso de máscara é obrigatorio, só se pode prescindir dela no momento específico do consumo.
  • Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou solución hidroalcohólica.
  • Manter unha distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
  • Evitar aglomeracións e sitios concorridos, así como evitar reunións con máis de 10 persoas tanto en lugares públicos (terrazas…) como privados (domicilios…).
  • Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca, ao tusir ou esbirrar, cubrir a boca co cóbado flexionado ou cun pano desbotable, tirándoo despois a unha papeleira.
  • Con síntomas (febre, tose, dor de cabeza, perda de olfacto e gusto, diarrea, etc.) quedar na casa e contactar telefonicamente co seu/súa médico de Atención Primaria.