Concello de Cambre solicita a colaboración dos veciños e veciñas, así como das empresas, centros educativos e centros de saúde, para que fagan un uso sostible e responsable de auga.

Co fin de evitar o despilfarro de auga, pregamos que se adopten, entre outras, as seguintes medidas:

  • Limitación do enchido de piscinas.
  • Lavado coches, rega de hortas, enchido de piscinas só permitido entre as 23:00 h e as 08:00 horas.
  • Optimización dos recursos na rega e na gandería, revisando os elementos que podan ter fugas de auga.
  • Revisión de posibles fugas en baños e cociñas.
  • Uso dos electrodomésticos coa carga completa.
  • Revisión das últimas facturas e comparativa con trimestres similares.

Así mesmo, no caso de que algún veciño ou veciña detectase algunha fuga de auga en zona de dominio público, prégase que o comunique ao Concello chamando ao teléfono 981 61 31 28 ou á Policía Local (981 67 55 33).