DON ÓSCAR GARCÍA PATIÑO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBRE,

FAGO SABER:

Que o goberno local de Cambre esixirá á Xunta de Galicia, concretamente a Industria, que paralice o proceso de desmantelamento que aprobou o pasado 11 de setembro, e que foi publicado no DOG, a petición da Empresa GAS NATURAL UNION FENOSA, o que facilitará a entidade enerxética impoñer un tipo concreto de subminsitro, neste caso de gas cidade, polo actual de propano.

Por este motivo o goberno local levará a pleno o mércores 20 unha moción para defender os intereses dos veciños e veciñas de A Barcala. Asemade, presentará unha alegación a Industria sobre o trámite aprobado pola Xunta inicialmente, polo que Gas Natural podería desmantelar os tanques de propano para abastecer a toda a urbanización con gas cidade.

O Concello habilitará os días 21 e 26 de setembro un punto de información no Centro Sociocultural de A Barcala de 17.30 a 22.00 horas para informar aos usuarios sobre as súas dúbidas con respecto as intencións da empresa e para que poidan realizar as correspondentes alegacións á resolución da Xunta de Galicia sobre a transmisión e cambio de titularidade, de cambio de combustible e de modificación de autorización anual conxunta de canalizaciones de gas e de peche e desmantelamento de instalación de almacenamento de GLP na urbanización A Barcala.

Rógolles aos interesados que se despracen ata o punto de información que leven os recibos do subministro enerxético do último ano para que o enxeñeiro municipal poida facer unha valoración puntual de cada caso concreto.

Cambre, 18 setembro de 2017
O alcalde
Óscar García Patiño