No BOP núm. 18 de data venres, 25 de xaneiro de 2019, publícase o seguinte anuncio:

O Pleno municipal, en sesión ordinaria do día 27 de decembro de 2018, aprobou, con carácter inicial, as Bases da trixésimo cuarta edición do “Certame de Pintura Concello de Cambre”.

De conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), ábrese un prazo de trinta días hábiles para información pública e audiencia aos interesados, co fin de que poidan presentar as reclamacións e suxestións que estimen pertinentes.

No caso de que non se presente ningunha reclamación ou suxestión, entenderanse definitivamente aprobadas as Bases da XXXIV edición do “Certame de Pintura Concello de Cambre”, e publicaranse integramente no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co establecido no artigo 70.2 da LRBRL.

A partir da data de hoxe queda expostas no Taboleiro municipal.