A Concellería de Cultura, Deportes e Mobilidade convoca o “II Concurso de Repostería de Entroido: filloas e orellas do Concello de Cambre”. O obxectivo principal do concurso de repostería típica da festividade do Entroido é poñer en valor a repostería desta festa tradicional e fomentar a participación da cidadanía.

Concederanse os seguintes premios, que consistirán nun detalle conmemorativo do concurso (fonte de cerámica – elemento promocional do evento valorado nun máximo de 100,00 euros máis IVE)

1º. Clasificado na categoría de orellas
1º. Clasificado na categoría de filloas


Documentos: