Información de interese.

Teléfonos de interese

Localizacións de interese

Como chegar/marchar …

Información xeral sobre a acampada do ROCK IN CAMBRE.

 


Cartel oficial do Rock in Cambre 2018.

 



Bases para a participación na selección de grupos que actuarán de “teloneiros” no Rock In Cambre 2018

Poderán participar na selección todos os grupos musicais que cumpran os seguintes requisitos:

  • Banda ou grupo musical que conte, como mínimo, cun membro empadroado no Concello de Cambre.
  • A antigüidade mínima do empadroado será dun ano.
  • Estilo do grupo participante deberá ser pop-rock-fusión.
  • Todos os compoñentes do grupo terán que ter cumpridos 16 anos antes do incio do Festival.

 


Documentos:

 

Actualización:

Se reuníu o xurado encargado de seleccionar os grupos que actuarán como teloneiros na XXVII edición do festival Rock in Cambre.

Presentáronse nove grupos á convocatoria. Deses nove grupos foron seleccionados os seguintes: DESTEMPLADOS, RONIN, SIN CITY DEVILS, COYOTE, WETSOCKS e THE NORTH GROVES.

O xurado estivo composto por recoñecidas figuras do mundo musical en Galicia como Nonito Pereira (xornalista, produtor, etc.), Xosé Manuel Pereiro (voz do mítico grupo Radio Océano, entre outras cousas) e Luis Cao Mahía (gaiteiro).

 


 

 

I Concurso de deseño da camiseta oficial do XXVII Rock in Cambre

Cambre, 20 de xuño de 2018. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no “I Concurso de deseño da camiseta oficial do XXVII Rock in Cambre”.

As bases, publicadas no BOP do mércores 20 de xuño de 2018, poderán consultarse tamén na páxina web do Concello de Cambre.

O prazo para participar neste concurso, destinado a calquera persoa maior de 16 anos, remata o 30 de xuño de 2018.

O fallo farase público o 4 de xullo e o/a gañador/a do concurso obterá dous pases VIP válidos para acceder ao back stage do XXVII Rock in Cambre e dúas camisetas do festival.


Documentos:

 

Actualización:

Vén de reunirse o xurado do I Concurso para o deseño da camiseta da XXVII edición do festival Rock in Cambre. O xurado estivo composto por Luis Cao Mahía, Úrsula Prego Regueiro e Alberte Sánchez Regueiro.

Vista a diversidade de traballos presentados o xurado determinou, finalmente, que o deseño gañador fose o de DANIEL MARTÍN GONZÁLEZ.