Informamos dun cambio de paradas de bus que se van a realizar na parroquia de Cambre e que serán efectivas a partir do inicio do novo curso escolar 2019/2020:

  • A parada de bus que estaba situada na glorieta do campo da feira onde está a Administración de Loterías pasa a situarse 10-15 metros máis arriba na mesma beirarrúa.
  • A parada de bus que estaba situada na explanada (onde se está construíndo o Auditorio municipal) pasa a situarse na praza do Balado.

Para máis información ou consultas, podedes enviar un correo electrónico a educación@cambre.org ou a patricia.parcero@cambre.org, ou chamar directamente aos teléfonos 981 613 291 (Miguel) ou 698 177 121 (Patricia).