O Concello de Cambre vén de facer públicas as bases para as bolsas de estudo para o curso 2019-2020 destinadas ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil (4º, 5º e 6º E.I), Educación Primaria (1º a 6º E.P.), Bacharelato (1º e 2º), Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos.

O prazo de inscrición é do 2 ao 30 de setembro de 2019. Computaranse como gastos subvencionables os derivados da compra de libros de texto, material escolar e uniformes escolares segundo o curso que lle corresponda ao beneficiario/a:

– Alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil: libros de texto, material escolar e uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.
– Alumnado de Educación Primaria: uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.
– Alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos: libros de texto e material escolar.

Non se considerará material escolar os gastos de investimentos e a adquisición de aparellos de novas tecnoloxías tales como ordenadores, impresoras, tablets…

Anexos bolsas estudio 2019-2020

BOP 5_8_2019 CONVOCATORIA BOLSAS CURSO 19_20