Programa de conciliación da vida laboral, familiar e persoal no período de vacacións escolares de verán 2019 no que se farán actividades lúdico – deportivas e culturais dirixidas ao alumnado do segundo ciclo de E.Infantil (3-6 anos), toda E. Primaria e 1º da ESO.

Datas: de luns a venres (agás festivos) nas seguintes quendas:

1ª quenda: do 1 ao 12 de xullo.
2ª quenda: do 15 ao 26 de xullo (agás 25 de xullo).
3ª quenda: do 29 de xullo ao 14 de agosto.
4ª quenda: do 19 ao 30 de agosto.

Un mesmo participante poderá solicitar como mínimo unha quenda e como máximo tres (terá que solicitar a autorización expresa se solicita as catro quendas).

Lugar de realización:  No CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre.

Prazo inscrición: do 26 de abril ao 10 de maio de 2019.