A Deputación da Coruña, outro ano máis, realiza unha campaña de esquí na estación invernal de Cabeza de Manzaneda para nenos de toda a provincia, nados nos anos , 2004, 2005 e 2006 e 2007,2008

Ao noso concello concedéronlle 12 prazas para rapaces empadroados en Cambre e nos corresponde a 2ª quenda: do 1 ao 4 de febreiro de 2018. Os participantes disfrutarán de catro días con aloxamento e manutención, ademais dos cursiños de esquí na estación de Cabeza de Manzaneda.

Cada participante aboará unha cota de inscrición de 85 euros.

As preinscricións só se poderán entregar no rexistro municipal do Concello (aberto de luns a venres de 9:00 a 14:00 h), no rexistro do Temple (de luns a venres de 8:30 a 11:00 h) ou no rexistro da Barcala (de luns a venres de 12:00 a 14:00 h), e o prazo de presentación será do 3 ao 10 de xaneiro, ambos os dous incluidos.

No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, faremos un sorteo público nas oficinas de Deportes (R/ Río Barcés nº 6, A Barcala) o 11 de xaneiro ás 12:00 horas, e avisaráse por teléfono aos admitidos para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza. Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve coa Deputación.