Concello de Cambre publica a información relativa ao concurso do cartel da festividade Reis Magos do 2021. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de 3º, 4º e 5º de educación Primaria. O prazo de entrega do cartel rematará o venres, 4 de decembro de 2020.

Para participar no certame, deberase entregar a creación a través do correo electrónico educacion@cambre.org. O mail deberá incluir os datos completos do alumno/a participante:

  • Nome e apelidos
  • Idade
  • Enderezo
  • Teléfono particular
  • Colexio, curso e aula
  • Correo electrónico da nai/pai ou do titor/a legal do concursante