Bases da convocatoria de bolsas para deportistas de nivel do concello de Cambre para o ano 2019.

Acaban de saír publicadas as Bases da convocatoria de bolsas para deportistas de nivel do concello de Cambre para o ano 2019.

O obxecto da presente convocatoria é establecer os criterios e o procedemento para a concesión de bolsas a deportistas de nivel do Concello de Cambre, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade coa intención de fomentar o deporte de nivel entre os veciños do municipio. Estas axudas serán compatibles con outras axudas, públicas ou privadas, que se concedan para a mesma finalidade.

Segundo o disposto nas Bases, o prazo de solicitude termina o próximo 19 de xullo do 2019.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar no teléfono 981 61 31 86 ou o correo electrónico deportes@cambre.org.