Atendendo á mellora da situación sanitaria da covid-19 e á flexibilización das restricións por parte da Xunta de Galicia, o Concello de Cambre acordou, á súa vez, a flexibilización da entrada dos usuarios e usuarias do programa Mañanceiro ao centro escolar, eliminando así as franxas horarias establecidas desde o inicio do curso.