Desde o Concello de Cambre informámosvos de que se vai a realizar a entrega dos títulos de propiedade da zona de concentración parcelaria de Santa María de Vigo.

A data de entrega será o 24 de setembro, de 10.00 a 14.00 horas, no Concello de Cambre.

Os títulos poderán ser retirados polas persoas interesadas ou por outra persoa no seu nome. Para iso, deberá presentar o DNI da persoa que o retira e a autorización do propietario. Os títulos de propiedade que non se recollan estarán á disposición das persoas interesadas no Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 6º piso – A Coruña) desde o día seguinte.

Como consecuencia da emerxencia sanitaria provocada pola covid-19, deberanse extremar as medidas de prevención sanitaria.