ANUNCIO

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para adxudicar o servizo de instalación e explotación dun posto de bebidas, bocadillos e outros produtos comestibles no Campo da Feira de Cambre, con motivo do “Entroido pequeno en Cambre, 2018”, durante o sabado, 17 de febreiro de 2018.

  • Tipo de licitación: 500,00 euros, adxudicándose á oferta máis alta a partir deste importe.
  • Obtención de documentación: Perfil do contratante do Concello de Cambre (cambre.es e www.contratosdegalicia.es)
  • Prazo para presentar as proposicións: Ata as 13:30 horas do día 5 de febreiro de 2018.

O Alcalde 

 

Oscar A. García Patiño

Ver en PDF