Os Faladoiros son conferencias, representacións de pequena pezas teatrais, concertos, degustacións de gastronomía romana e obradoiros infantís e xuvenís organizadas dende o Museo, dirixidos a acercar á veciñanza e mais aos visitantes distintos aspectos da vida cotiá dos antigos poboadores de Cambre, poñendo o foco na época de convivencia entre a cultura castrexa e romana.

Estes faladoiros serven como elemento de presentación e de acercamento á Romaría Galaico Romana Galaicoi, contándose para a súa realización principalmente con asociacións de recreadores.

Conferencia: “As orixes do teatro grecolatino”
Data: 2 de marzo de 2019
Horario: 11:00 horas
Lugar: Museo Xacemento Romano Cambre.
Aberta ao público en xeral

Conferencia: “O calzado na antigüedade”
Data: 23 de marzo de 2019
Horario. 11:00 horas
Lugar: Museo Xacemento Romano Cambre.
Aberta oa público en xeral

Tarde de History living: representacións de microteatro, escenas da vida cotiá, música, obradoiros infantís
Data: 13 de abril de 2019
Horario: 16:00 horas
Lugar de encontro: Parque Ramón Barba.
Aberta ao público en xeral

Para o acceso a estas actividades non será necesario inscrición.

O custo é gratuito.