O Concello de Cambre decidiu suspender as actividades deportivas e recreativas no Complexo Deportivo Municipal da Barcala como medida preventiva para facer fronte ao coronavirus. As instalacións estarán pechadas durante un período indeterminado.
 
Entre outras medidas, Hebe Sport informa de que non é preciso tramitar a baixa. A cota conxelarase ata o reinicio da actividade normal do centro deportivo.