O Concello de Cambre publica a información e inscricións do programa de actividades educativas para o curso 2019/2020.

  • Condicións de inscrición a todas as actividades: 

InscriciónsRecoller e entregar a solicitude de inscrición en calquera dos rexistros municipais de Cambre, entre o 13 e o 20 de setembro.

Adxudicación de prazas: En caso de haber máis solicitudes que prazas, haberá un sorteo o día 23 de setembro ás 12.00 horas nas oficinas municipais, sitas na Barcala. Terán preferencia, en primeiro lugar, as persoas empadroadas en Cambre, e en segundo lugar, os que traballan no municipio de Cambre. As prazas baleiras poderán ocupalas os veciños e veciñas doutros concellos.