O Concello de Cambre informa de que, a partir da primeira semana do mes de maio, o servizo de impresión e entrega a domicilio de traballos escolares cambiará o seu sistema de funcionamento. Desde a posta en marcha deste servizo, o goberno local mantivo un contacto constante co equipo directivo de cada centro para ver como estaba a funcionar esta nova prestación. O Concello detectou que algúns usuarios/as non estaban a facer un “uso responsable” desta medida.

Por esa razón, realizouse unha modificación que supón que, desde esa data, serán os propios centros educativos quen envíe os traballos ao Concello de Cambre para a súa posterior impresión. Unha vez realizadas estes labores, o Concello encargarase, como ata o de agora, da repartición dos documentos nos domicilios indicados polas persoas solicitantes.

Desde o Concello lémbrase aos veciños e veciñas que esta iniciativa está dispoñible, unicamente, para as familias que non dispoñen de medios para realizar a impresión de documentos ou para aquelas que non poidan saír dos seus domicilios.

Así mesmo, informamos de que na parroquia do Temple hai dúas copisterías que xa están en funcionamento para que os veciños e veciñas poidan realizar as súas impresións nestes establecementos.