Despois das múltiples dúbidas recibidas por parte de os hostaleiros e polos veciños e veciñas sobre a ocupación de terrazas nesta 1º fase da desescalada, o Concello contactou coa Subdelegación do Goberno na Coruña para trasladarlle estas consultas.

Hoxe, venres 15 de maio, recibimos a resposta da Subdelegación. Atendendo ás indicacións deste organismo, desde o Concello de Cambre aclaramos o seguinte:

  • No capítulo II, artigo 7.2 do BOE no que se recollen as actividades permitidas nesta fase indícase o seguinte: “En todo caso, deberán respetarse las medidas de seguridad e higiene establecidas por las autoridades sanitarias para la prevención del COVID-19, y, en particular, las relativas al mantenimiento de una distancia mínima de seguridad de, al menos, dos metros, o, en su defecto, medidas alternativas de protección física, de higiene de manos y etiqueta respiratoria. A estos efectos, los grupos deberían ser de un máximo de diez personas, excepto en el caso de personas convivientes”.
  • Polo tanto, segundo reflicte o documento, é necesario manter a distancia de seguridade de, polo menos, 2 metros entre as persoas sentadas nunha mesma mesa.
  • En caso de non poder cumprirse este distanciamento interpersoal, deberanse adoptar medidas alternativas de protección física, como o lavado de mans ou o uso dunha etiqueta respiratoria.
  • Lembrámosvos que a ocupación permitida será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
  • Permítese a ocupación do 50% de aforo nas terrazas con respecto ao número de mesas do ano anterior.
  • Por último, no caso de que o establecemento obtivese o permiso do Concello para incrementar a superficie destinada a terraza, poderase incrementar a cifra de mesas previstas no punto anterior.