Queridos pais / nais/ titores:

Con motivo dos “Obradoiros de Semana Santa 2018” organizado polo Concello de Cambre, gustaríanos informarvos dalgúns datos do voso interese:

  • Datas de realización: luns 26, martes 27, mércores 28 de marzo e luns 2 de abril de 2018.
  • Lugar de realización: CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre.
  • Horario:
    • Mañanceiro: 7:30 a 9:30 h (con almorzo para os que o solicitaron)
    • Actividades de maña: 9:30 a 13:30 h (poden levar merenda para tomar a media mañá).
    • Comida: 13:30 a 16:30 h

É importante que os pais/nais ou titores respecten o horario de chegada e de recollida dos participantes no centro escolar segundo o módulo elixido. Fóra deste horario a porta de entrada ao centro escolar permanecerá pechada, polo que deberán chamar por teléfono ao coordinador das actividades para que lles abra.

  • Actividades que realizarán: obradoiros e xogos relacionados coa Semana Santa.
  • É bo que os/as participantes leven roupa e calzado cómodo. E os máis pequenos (3/4 anos) unha muda por se fora necesario cambialos.
  • O coordinador do campamento é José Ángel (675 235 828) contacten con el para aclarar calquera dúbida que lles poda xurdir, en horario de 7:30 a 17:00 horas.

HORARIO DO BUS

PARADA HORARIO IDA HORARIO VOLTA
CEIP Graxal 8:45 17:15
CEIP Portofaro 8:55 17:05
Urb. A Barcala 9:00 17:00
CEIP Sigras 9:15 16:40
CEIP Wenceslao 9:25 16:30

 

A parada no CEIP EGL de Brexo-Lema non se fará por non haber solicitude algunha para ela.

Hai que ser puntuais á hora de deixar e de recoller aos participantes nas paradas, xa que o bus non pode esperar nelas.

MENÚ DA COMIDA

LUNS 26 MARZO MARTES 27 MARZO MÉRCORES 28 MARZO LUNS 2 ABRIL
Primeiro Sopa de estrelas e vexetais Crema de cenoria Macarróns con queixo Crema de verduras
Segundo Pescadilla rebozada con verdura se patacas ao forno Guiso tradicional de tenreira ecolóxica con verduras Polo asado con ensalada Milanesa de polo con arroz
Postre Froita Froita Froita Froita