Concello de Cambre informa aos veciños e veciñas de que este mércores, 11 de marzo desde as 8.00 horas, non se poderá estacionar nas rúas Teresa Herrera, Luis Seoane, Ánxel Fole e Rosalía de Castro por mor dos labores de asfaltado que se acometerán nestes puntos. Lamentamos as molestias ocasionadas.