O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria de axudas do II Plan de Rescate da Xunta de Galicia, dirixido a persoas autónomas, microempresas e, excepcionalmente, a pemes con ata 25 persoas traballadoras.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes desde o día seguinte da publicación da orde no DOG.