O Concello de Cambre ten delegada a xestión do imposto de circulación na Deputación da Coruña. Segundo o departamento de Intervención, que está a atender a decenas de veciños e veciñas todos os días, se está a retrasar a chegada dos recibos ás vivendas para poder facer fronte ao seu pago, cando a data límite está cercana.

O goberno local contactou coa Deputación, que sinalou que existiu un problema co envío dos recibos, xerándose o mencionado retraso. Segundo a institución provincial, os atrancos foron resoltos e se están a remitir as cartas, aínda que a día de hoxe moitos fogaren seguen sen recibir os seus recibos.

A Deputación pon un teléfono a disposición dos contribuíntes para informarse e solicitar o envío do recibo se non chegou. É o 981 080 214.

O Concello de Cambre agarda que a situación quede normalizada e pon a súa disposición o número de teléfono 981 613 189.