Concello de Cambre informa de que debido ás condicións climatolóxicas previstas para esta fin de semana -coa chegada da borrasca Fabién-, aprázase a instalación e apertura da Carpa de Nadal no Paseo Marítimo ata o luns, 23 de decembro, por motivos de seguridade.

Manteranse as actividades previstas para os veciños e veciñas do municipio de todas as idades, concentrándose en novas datas.

 

  • Luns 23 de decembro (18.00 horas). A trastenda dos contos. Contos para un inverno baixo as mantas.
  • Martes 24 de decembro (12.00 horas). Pakolas. As parábolas de Pakolas.
  • Xoves 26 de decembro (18.00 horas). Paje real. Dinamización.
  • Venres 27 de decembro (18.00 horas). Ilusionista Joshua Kenneth. A maxia de Joshua Kenneth.
  • Sábado 28 de decembro (18.00 horas). Gemola. Xa chegou o Nadal.
  • Domingo 29 de decembro (12.00 horas). Paje real. Dinamización.
  • Luns 30 de decembro (12.00 horas). Pedro Brandariz. Contos do Nadal.
  • Luns 30 de decembro (18.00 horas). Gemola. Xa chegan as Raíñas.
  • Martes 31 de decembro (12.00 horas). Paco Nogueiras. Brica Vai!
  • Xoves 2 de xaneiro (18.00 horas). Artestudio Teatro. Animaliños.
  • Venres 3 de xaneiro (12.00 horas). Mago Martín Camiña. Momentos de asombro.
  • Venres 3 de xaneiro (18.00 horas). A trastenda dos contos. Un paxe real en apuros.
  • Sábado 4 de xaneiro (12.00 horas). Ilusionista Joshua Kenneth. A maxia de Joshua Kenneth.
  • Sábado 4 de xaneiro (18.00 horas). Pedro Brandariz. Contos de Reis.
  • Domingo 5 de xaneiro (12.00-14.00 horas). Taller de juegos populares.