A unidade móbil de expedición do DNI desprazarase ao Concello de Cambre os días 29 e 30 de setembro (de 9.00 a 12.00 horas).

As persoas interesadas deberán pedir cita con anterioridade no teléfono 981 61 31 28.

Co fin de evitar aglomeracións, facilitaranse unha data e unha hora concretas de atención, polo que se roga aos veciños e veciñas a máxima puntualidade.