A Xunta de Galicia lanza unha nova liña de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para contribuír a sufragar os gastos do alugamento dos establecementos de lecer nocturno de Galicia.

Estas axudas van dirixidas a aqueles negocios que están pechados desde o pasado 15 de agosto tras a decisión adoptada polo Goberno central para frear a expansión da COVID-19.

Máis información na orde do Diario Oficial de Galicia do pasado 27 de outubro.