Concello de Cambre informa de que o próximo luns, 2 de decembro, poden producirse ruídos e retencións de tráfico na AC-214 (entre as rotondas de Vila de Cambre e a do Supermercado Día) por mor dos labores de asfaltado e acondicionamento que a Xunta de Galicia realizará neste punto. Os traballos realizaranse o luns entre as 21.00 e as 7.00 horas. A previsión é que rematen o propio luns, pero en caso de non acabar, continuarán o martes, 3 de decembro, no mesmo horario. A partir das 21.00 horas, os operarios colocarán diversa sinalización para que os vehículos non estacionen nos laterais da estrada máis próximos ao lugar da actuación. Desculpade as molestias.