AUGASERVI informa de que mañá, mércores 12 de agosto, EMALCSA realizará un cambio do contador xeral da instalación que subministra auga á parroquia de Andeiro. Estas actuacións suporán un corte no subministro que durará, aproximadamente, media hora (de 9.00 a 9.30 horas), salvo que se producise algún problema que prolongase este corte.
Así mesmo, é posible que se produza algún episodio de turbidez unha vez que se repoña o subministro.