Desde o Concello de Cambre informamos a todos os veciños e veciñas que as dependencias municipais permanecerán pechadas mañá, martes 16 de febreiro, con motivo do festivo local -Martes de Entroido-.

Lembramos á cidadanía que ten á súa disposición a sede electrónica do Concello para a realización de trámites administrativos.