A empresa que xestiona a rede eléctrica, Naturgy, informou de que o próximo luns, 16 de setembro, se van levar a cabo unha serie de traballos de mantemento que ocasionarán cortes no subministro:

As zonas afectadas son:

  • Por un lado, entre as 00.00 e as 7.00 horas veranse afectadas as seguintes rúas: Polígono Cambre Nº 7, 8, 13, 28, 31, 46, Pumar Méndez Nº 19 e Socampo Nº 28.
  • Polo outro lado, entre as 3:00 a 7:00 horas veranse afectadas as seguintes rúas: Marconi Nº 3, Espíritu Santo (Nobel Nº 2), Lendoiro (estrada Espíritu Santo Nº 33, 34, 35, 37, 38, 39) e Prados Vellos (Nº 1).

Así mesmo, a empresa informa de que o próximo xoves, 19 de setembro, se van levar a cabo unha serie de traballos de mantemento que ocasionarán cortes no subministro:

As zonas afectadas son:

  • Por un lado, entre as 0.00 e as 3.00 horas, veranse afectados: O Temple-Santa María (Paseo Templarios nº 9, 10; Praza Ría Nº 1 a 6; Temple Nº 19).
  • Polo outro lado, entre as 3:00 a 7:00 horas veranse afectadas as seguintes rúas e lugares: O Graxal (Constitución Nº Impar 23 a 37; Curros Enríquez Nº 17, 19; Emilia Pardo Bazán Nº 1, 2, 4; Padre Feijoo Nº 1, 2, 4; Párroco Manuel Cobas Nº 2, 4; Paseo Marítimo Nº 14, 16 a 20; Pígara Nº a 5; Ramón Cabanillas Nº 1, 3; Vicente Risco Nº 1).
Desculpade as molestias.