O Concello de Cambre informa do comezo do prazo para solicitar as Bolsas de estudo 2020/2021 para o alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos. O período de solicitude estará aberto ata o 2 de outubro de 2020.

As axudas están dirixidas ao alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos­, que poderán empregar esta axuda para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Non se considerará material escolar para os efectos das presentes bases os gastos de investimentos e a adquisición de aparatos de novas tecnoloxías tales como ordenadores, impresoras, tablets, etc.

1.- Poderán ser beneficiarios/as destas axudas aqueles que reúnan os seguintes requisitos:
1) Estar empadroado/a no Concello de Cambre con anterioridade á presentación da solicitude desta axuda (polo menos o alumno cun dos proxenitores).
2) Estar matriculado/a nun centro escolar público no curso escolar obxecto da convocatoria, para o curso para o que solicita a bolsa.
3) Convivir co/a solicitante da bolsa.
4) Pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual igual ou inferior a 10.000,00 euros.
5) Presentar a solicitude da axuda no prazo establecido en modelo normalizado ao efecto, e achegar toda a documentación requirida.
6) Non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibición para ser beneficiario de axudas segundo o disposto no artigo 13 da Lei xeral de Subvencións.
Quedan excluídos da presente convocatoria o alumnado que curse educación secundaria obrigatoria e educación especial, durante o curso escolar obxecto da convocatoria. Non poderán acollerse a esta convocatoria as persoas que perciban axuda do departamento de Servizos Sociais do Concello de Cambre ou doutras persoas públicas ou privadas para o mesmo concepto ou finalidade.
2.- As axudas poderán ser solicitadas polo representante legal, pai, nai ou titor do alumno ou alumna (quen é o beneficiario/a da axuda).

As solicitudes, formuladas no modelo normalizado, dirixiranse ao Alcalde, deberá presentarse, preferiblemente, a través da sede electrónica do Concello de Cambre ou en calquera dos rexistros
municipais con cita previa que deberán solicitar a través de:

  • Da sede electrónica da páxina web municipal.
  • Enviando un correo a cambre@cambre.org.
  • Chamando ao teléfono 981 613 128.
  • Por calquera das formas sinaladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.