Debido ao cambio de ubicación, desde o 23 de decembro e ata a apertura das novas instalacións, que agardamos sexa en breve, a Biblioteca Central de Cambre permanecerá pechada.

As devolucións poderán facerse en calquera das outras dúas bibliotecas do Concello, a Biblioteca M. Os Templarios e a Biblioteca M. Xabier P. Docampo. Tamén poderán depositarse no buzón da propia Biblioteca Central de Cambre.

Moitas grazas.