Convocatoria pública para cubrir varias prazas vacantes nos seguintes cursos do Plan AFD da Xunta de Galicia, dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas e conducentes a certificado de profesionalidade:

 

MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS
DÍA DA PROBA: LUNS 25 DE SETEMBRO ÁS 11:00 H no Centro Municipal de Formación do Espíritu Santo

Requisitos mínimos de acceso:ESO, 2º BUP, FP básica, FP1, certificado de profesionalidade nivel 2, certificado profesionalidade nivel 1 ou outros equivalentes
Deberase presentar a titulación para a súa compulsa
Duración: 598 horas
Data de inicio: 27/09/2017
Data finalización: 12/03/2018
Horario: 8,30-13,30 horas de L-V
Lugar de impartición: Centro Municipal de Formación do Espíritu Santo

ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA
DÍA DA PROBA: LUNS 25 DE SETEMBRO ÁS 9:30 H no Centro Municipal de Formación do Espíritu Santo

Requisitos mínimos de acceso:ESO, 2º BUP, FP básica, FP1, certificado de profesionalidade nivel 2, certificado profesionalidade nivel 1 ou outros equivalentes
Deberase presentar a titulación para a súa compulsa
Duración: 898 horas
Data de inicio: 27/10/2017
Data finalización: 16/06/2018
Horario: 9-14 horas de L-V
Lugar de impartición: Centro Municipal de Formación do Espíritu Santo